A paixón, a curiosidade e as ganas de aprender son a combinación perfecta para facer realidade un soño. É posible transformar unha escola de inglés nunha maneira de comprender e ter impacto no mundo? A resposta é si.
Xa pasaron 20 años desde que Natàlia Perarnau creou un método único que chega hoxe a máis de 170.000 alumnos en todo o mundo. Queres acompañarnos a descubrir como foi esta viaxe chea de vivencias irrepetibles? Descubre a nosa historia.
Pasan os anos, pero a esencia de Kids&Us permanece no tempo. Durante 20 años traballamos para manter a excelencia do método co que o noso alumnado aprende con sentido. Todo iso foi e é grazas a un equipo de persoas inconformistas, apaixonadas, transformadoras e intrépidas que representan a nosa esencia e os nosos valores.
A Convención Anual de Kids&Us é o noso evento máis esperado, pero este ano celebramos moito máis que unha convención. Fundadores, franquiados, directores, coordinadores académicos e persoal da Central de Kids&Us reuníronse nun gran encontro para seguir escribindo xuntos un camiño cheo de oportunidades e retos.
A celebración dun aniversario é unha escusa perfecta para un cambio de look. Non só renovamos imaxe, senón que creamos un novo mundo, un universo que vai máis aló das palabras. Esta é a nova cara de Kids&Us!
Vivimos os nosos primeiros 20 anos innovando e mirando cara o futuro, e seguiremos facéndoo. Queres acompañarnos nesta viaxe?