Unha experiencia de aprendizaxe personalizada, gamificada e que conecta o que pasa en clase e o que pasa na casa.
A aventura de aprender inglés en Animal Planet empeza na clase e sigue, compleméntase e retroalimenta fóra dela no mundo dixital de My Way. Os pilares do método Kids&Us cunha capa extra de tecnoloxía, e un traballo enfocado en fusionar a contorna física coa dixital para ofrecer o mellor dos dous mundos. Esta é a nosa esencia evolucionada: Upgrading the Essence.
A experiencia de Animal Planet é un gran xogo estruturado en misións e retos que fará que resolver, xa sexa en colaboración co grupo en clase ou individualmente en My Way. Grazas á tecnoloxía, proporcionamos a cada alumno e alumna un itinerario de aprendizaxe único, con actividades e contidos que se adaptan ao seu ritmo e ás súas necesidades.
Antes de lanzar calquera proxecto de innovación, asegurámonos de que os nosos produtos funcionen de maneira impecable. Un grupo de alumnos de Animal Planet xa probou My Way e agora queremos compartir as súas experiencias convosco.
Simultaneamente ao desenvolvemento tecnolóxico, renovamos tamén o material presencial de Animal Planet para lograr unha experiencia global. Os materiais creáronse para que o noso alumnado conecte co curso con todos os sentidos, descubrindo as súas curiosidades e as súas marabillas.
Una colección de 4 libros estimulantes que invitan a la participación de los más pequeñitos con contenidos, actividades y objetivos lingüísticos asociados a su etapa vital.
Una experiencia que le da a los bebes la oportunidad de escuchar y “hablar” en un nuevo idioma, pero también de vivir y sentir en inglés.
Poñemos á vosa disposición titorías para poder falar co profesorado do curso de forma personalizada.
A partir do seguimento individualizado do voso fillo ou filla na clase, recibiredes informes periódicos sobre a evolución da súa aprendizaxe.
A aplicación My Kids é a canle principal de comunicación entre o centro e as familias. Podedes consultar información académica, informes, titorías ou reunións.