<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
LANDING_MAT_1440x1500_B&B

Vive a evolución do método Kids&Us con Ben&Brenda

Unha experiencia de aprendizaxe personalizada, gamificada e que conecta o que pasa na clase co que pasa na casa.

Benvidos a Ben&Brenda

Na clase, introducimos a lectoescritura coas irreverentes historias dos nosos súper heroes. Na casa, no mundo dixital de My Way, o noso alumnado escoitará o audio e completará as actividades de aprendizaxe personalizadas para conseguir poderes e converterse nun súper heroe.

Descubre My Way da man dos nosos protagonistas

Un grupo de alumnos e alumnas, familias e profesorado xa probaron e viviron My Way; e queremos compartir as súas experiencias convosco.

Materiais del curso

Renovamos os materiais de Ben&Brenda para que o noso alumnado conecte co curso con todos os sentidos.  

Ben and Brenda Studentbook

Student Book

O noso alumnado terá un único libro que integrará todos os materiais do curso; é dicir, fusionamos o Student Book, o Activity Book e o Booklet nun só libro que contén as catro historias do curso. É importante levalo cada día a clase.
MyWay

My Way

Un revolucionario mundo dixital no que mergullarse e que convive co mundo físico, para unha experiencia de aprendizaxe aínda máis robusta.

Descarga a aplicación aquí: https://myway.kidsandus.com/gl/pp-bb

Captura de pantalla 2025-07-01 121254

Talking Pen

Un lapis dixital que se pode utilizar con e sen auriculares, co que o noso alumnado aprenderá a pronunciar o inglés dunha maneira divertida e amena. É un dispositivo complementario para ler os textos do material do curso e que os personaxes cobren vida.

O noso compromiso

Tutoria

Titorías

 

En calquera momento do curso, poderedes solicitar titorías para falar co profesorado do curso de forma personalizada. 

informes

Informes

 

A partir do seguimento individualizado do voso fillo ou filla na clase, recibiredes informes periódicos sobre como evoluciona a súa aprendizaxe. 

Mochila_Transparente

My Kids

 

A aplicación My Kids é a canle principal de comunicación entre o centro e as familias. Nela, podedes consultar información académica e informes, ademais de solicitar titorías e reunións  .

DESI-32684-ICONO-TEST-LANDING-PAGE-ANIMAL-PLANET

Kids Test

 

Antes de acabar o curso, o alumnado fará o Kids Test 1 co obxectivo de avaliar as súas competencias comunicativas   en inglés ao finalizar o bloque Ben&Brenda.