<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
FT2

Vive a evolución do método Kids&Us con Fairy Tales 2

Unha experiencia de aprendizaxe personalizada, gamificada e que conecta o que pasa na clase co que pasa na casa. 

Benvidos a Fairy Tales 2

Neste curso, redescubrimos os contos clásicos con Jay e Cat, as versións modernas do patiño Feo e O gato con botas, con materiais máis ricos e complexos lingüisticamente para traballar tanto habilidades orais como escritas en contextos significativos para o alumnado.

Descubre My Way da man dos nosos protagonistas

Un grupo de alumnos e alumnas, familias e profesorado xa probou e viviu My Way; e agora queremos compartir as súas experiencias convosco. 

Materiais do curso

Renovamos os materiais de Fairy Tales 2 para que o noso alumnado conecte co curso con todos os sentidos. 

FT2 SB Covers print_Página_1

Student Book

O alumnado de Fairy Tales 2 terá un libro físico coas historias e actividades de práctica e consolidación de contidos lingüísticos.
MyWay

My Way

Un revolucionario mundo dixital no que mergullarse e que convive co mundo físico, para unha experiencia de aprendizaxe aínda máis robusta.

Descarga a aplicación aquí: https://myway.kidsandus.com/gl/fairy-tales

Interior libros 1

Readers

Co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura, regalaremos ao alumnado unha versión de cada historia do curso nunha colección especial de libros físicos interactivos. Estes Readers entregaranse ao finalizar o curso para seguir en contacto co inglés durante o verán.
Student Book_Picto_931x745

Student Notebook

Utilizamos este material para practicar a escritura, unha destreza que queremos fomentar nesta etapa. Escribiremos textos longos tanto na contorna dixital como na aula porque non queremos esquecernos da escritura a man.

O noso compromiso

Tutoria

Titorías

 

En calquera momento do curso, poderedes solicitar titorías para falar co profesorado do curso de forma personalizada.  

informes

Informes

 

A partir do seguimento individualizado do voso fillo ou filla na clase, recibiredes informes periódicos sobre como evoluciona a súa aprendizaxe..

Mochila_Transparente

My Kids

 

A aplicación My Kids é a canle principal de comunicación entre o centro e as familias. Nela, poderedes consultar información académica e informes, ademais de solicitar titorías e reunións. 

DESI-32684-ICONO-TEST-LANDING-PAGE-ANIMAL-PLANET

Kids Test

 

Antes de acabar o curso, o alumnado realizará o Kids Test 3, co obxectivo de avaliar a súa competencia comunicativa en inglés ao finalizar o bloque Fairy Tales.