Linda é unha ratiña de dous anos que sempre vai acompañada da súa mascota, o coelliño Bunny.
Linda xoga a ser maior e quere ensinar a Bunny a selo tamén.
Unha colección de 5 libros estimulantes que invitan á participación dos máis pequeniños con contidos, actividades e obxectivos lingüísticos asociados á súa etapa vital.
Unha experiencia que da aos bebés a oportunidade de escoitar e “falar” no novo idioma, pero tamén de vivir e sentir en inglés.
Como complemento ao material físico, tamén teredes á vosa disposición a aplicación móbil My Locker, con pistas de audio dos nosos cursos e contidos adicionais que darán continuidade á aprendizaxe dun modo ameno e estimulante.
Poñemos á vosa disposición titorías para poder falar cos profesores dos vosos fillos e fillas de forma personalizada. da.
A partir do seguimento individualizado dos vosos fillos e fillas na clase, recibiredes informes sobre a evolución da súa aprendizaxe periodicamente.
Esta aplicación é a principal canle de comunicación entre o centro e as familias. Poderedes consultar rapidamente toda a información académica dos vosos fillos e fillas: informes, titorías e reunións.