<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
M2_image 1

Mysteries 2: continúa a aventura de Teens 

Dámosvos a benvida a Mysteries 2, o curso de inglés de Kids&Us para adolescentes de entre 14 e 16 años que xa contan cunha base sólida do idioma.   
imagen (6)

Como é a experiencia de aprendizaxe renovada en Mysteries 2? 

En Kids&Us, sempre buscamos innovar para ofrecer ao noso alumnado a mellor experiencia de aprendizaxe posible: única, de máxima calidade e adaptada a cada etapa.  

Para conseguilo, combinamos o mellor da contorna presencial co mellor que poden ofrecer as tecnoloxías máis avanzadas; é dicir, mantemos os piares de sempre do método cunha capa extra de tecnoloxía.   

Esta é a nosa esencia evolucionada: Upgrading the Essence.   

Que aprenderá o alumnado en Mysteries 2? 

En Mysteries 2, o segundo curso da etapa Teens, seguimos acompañando aos e ás adolescentes nun momento clave do seu crecemento lingüístico e persoal. A aprendizaxe baséase na inmersión lingüística, o xogo e en actividades deseñadas para conectar cos intereses reais do alumnado. A través de emocionantes historias de misterio, o alumnado:  

  • Perfecciona as súas habilidades orais e escritas. 

  • Reforza a súa capacidade lectora con textos de temas que lle interesan. 

  • Enfróntase a enigmas que espertan a súa curiosidade.  

  • Desenvolve o pensamento crítico e a creatividade.  

imagen (10)

Que material terá o alumnado en Mysteries 2? 

Renovamos o material de Mysteries 2 para que o alumnado viva o curso de forma máis dinámica, conectada e efectiva.  

Student Book

Unha historia que engancha desde o primeiro momento e que converte a aprendizaxe nunha aventura continua.  

  • Capítulos estruturados en torno a misterios que manteñen o interese do alumnado ata o final  

  • Actividades nas que traballan de forma equilibrada todas as destrezas lingüísticas: comprensión oral e escrita, vocabulario, gramática, e expresión oral e escrita  

My Way

Unha contorna dixital onde a aprendizaxe continúa. Será un espazo totalmente personalizado e que cobra aínda máis sentido fóra da aula. 

  • Plataforma dixital adaptada ao ritmo e nivel de cada alumno/a, na que se practican e consolidan os contidos do curso  

  • Casos interactivos que o alumnado debe resolver xunto aos protagonistas do curso  

Readers

Novas historias que espertan o interese pola lectura do alumnado e manteñen o vínculo co inglés máis aló da aula. 

  • Casos independentes que amplían o universo de Mysteries  

  • Formato atractivo que fomenta o hábito da lectura   

  • Continuidade da aprendizaxe durante o verán 

Students Notebook

Unha libreta para que o alumnado poida organizar as súas ideas.

  • É un material en papel onde o alumnado poderá redactar as súas actividades de expresión escrita.

  • Axuda a desenvolver a capacidade de estruturar e comunicar ideas por escrito.

  • Sirve de material de apoio para outras actividades que se fagan na aula.

Nuestro compromiso

La comunicación sobre el aprendizaje de vuestros hijos e hijas. 

Informes

A partir del seguimiento personalizado de vuestros hijos e hijas en clase recibiréis informes de forma periódica sobre la evolución de su aprendizaje.   

Tutorías

Las familias podréis solicitar tutorías para poder hablar con el profesorado de forma más personalizada; asimismo, el centro también podrá convocarlas si quisiera comentar algún tema con vosotros.    

My Kids

Esta aplicación es el canal principal de comunicación entre el centro y vosotros. En ella, podéis consultar información académica e informes, además de solicitar tutorías y reuniones.

Kids Test 

Esta aplicación es el canal principal de comunicación entre el centro y las vosotros. En ella, podéis consultar información académica e informes, además de solicitar tutorías y reuniones.