<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
The Future 1_1080x1080

Descubre a experiencia de The Future

 

O coñecemento lingüístico e as historias de ciencia ficción viaxan da man nos cursos The Future.

Benvidos a The Future 1

 No curso The Future 1, traballamos na expansión do coñecemento lingüístico dos nosos alumnos e alumnas para asegurarnos de que dispoñen do vocabulario e as estruturas necesarias. Así, neste punto, podemos permitirnos falar de temas cada vez máis variados e ser capaces de comunicar ideas complexas.

Materiais do curso

Nos contidos de The Future 1, a través de historias distópicas ambientadas nun futuro non moi lonxe, empezamos a abordar diversas temáticas relacionadas co mundo que nos rodea, como a política, a sociedade ou os desastres medioambientais. ​

SB_The Future 1

Student Book

O libro do curso sitúanos no ano 2116, xusto despois dun desastre ecolóxico. Nun mundo distópico onde nada é o que parece, Tory debe descubrir a verdade dun crime que lle afecta moi de cerca.
TT Homed In

T&T zONe

Unha plataforma de contidos que conectan cos traballos realizados na clase; con audios e actividades para reforzar a comprensión oral, o uso de expresións idiomáticas e estruturas gramaticais.
Grip

GRIP2120

Unha app-story onde, acompañando aos contidos do libro do curso, os vosos fillos e fillas personificarán ao protagonista do xogo e converteranse en axentes dun corpo de policía privatizado.

O noso compromiso

Tutoria

Titorías

 

Poñemos á vosa disposición titorías para poder falar co profesorado do curso de forma personalizada.

informes

Informes

 

A partir do seguimento individualizado do voso fillo ou filla na clase, recibiredes informes periódicos sobre a evolución da súa aprendizaxe.

Mochila_Transparente

My Kids

 

A aplicación My Kids é a canle principal de comunicación entre o centro e as familias. Podedes consultar información académica, informes, titorías ou reunións.