<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
Diseño sin título (47)

O alumnado de Kids&Us pode obter a certificación oficial “Global Communication in English” de Trinity College London

 Como Validated Course and Assessment Provider, Kids&Us convértese na primeira institución de ensino de inglés do mundo en obter este status con Trinity e, a partir de agora, podemos ofrecer, cos nosos cursos e exames, a certificación oficial “Global Communication in English” (GCE): expedida por Trinity, regulada por Ofqual e aliñada co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).


Sen exames adicionais. Sen cambiar a nosa forma de aprender. 

 

Solicita a certificación GCE
Image_Trinity

Como obterá o noso alumnado a certificación GCE?

Niveis A1, A2, B1 e B2

Obtéñense mediante convalidación directa ao superar os exames de Kids&Us dos cursos Ben&Brenda, Animal Planet 2, Fairy Tales 2 e Mysteries 2, respectivamente. 

As familias que queiran recibir o certificado oficial teñen que abonar o seu custo. 

TRINITY_ONLINE_PERSONAJES-STAGES_128x128px_1 TRINITY_ONLINE_PERSONAJES-STAGES_128x128px_2 TRINITY_ONLINE_PERSONAJES-STAGES_128x128px_3 TRINITY_ONLINE_PERSONAJES-STAGES_128x128px_4

Niveis C1 e C2

Obtéñense mediante convalidación directa ao superar os exames de Kids&Us dos cursos The Future 2 e Subscription 2, respectivamente. 

As familias poderán recibir o certificado sen ningún custo, como recoñecemento á súa traxectoria en Kids&Us. 

2026 Personajes 128x128_Future2 2026 Personajes 128x128_Suscription2

O proceso, paso a paso

  1. 1

    Ata o 30 de novembro

    Solicitades a certificación.

    Solicita a certificación GCE
  2. 2

    Último trimestre do curso

    O voso fillo ou filla fai o exame final do seu curso en Kids&Us. Se necesita unha segunda oportunidade, hai unha convocatoria de recuperación antes de empezar o novo curso, que non ten ningún custo adicional. 

  3. 3

    Tras superar o exame

    Enviamos os resultados a Trinity do alumnado que aprobou o exame Kids&Us. 

  4. 4

    Aproximadamente dous meses despois

    Trinity emite e expide o certificado oficial en formato dixital. Tede en conta que este último paso xestiónao directamente Trinity, polo que recibiredes o certificado un tempo despois do exame. Se máis adiante queredes o certificado en papel, tamén podedes solicitalo directamente y abonar o custo adicional correspondente.

Sobre Trinity College London

Trinity College London, fundada en 1872, é unha organización internacional líder en certificación, editorial e entidade educativa independente sen ánimo de lucro, especializada na avaliación de habilidades comunicativas e interpretativas nos ámbitos da música, o teatro, as artes combinadas e a lingua inglesa.

Con máis de 700.000 candidatos ao ano en máis de 80 países de todo o mundo, as titulacións de Trinity están especificamente deseñadas para axudar o alumnado a progresar.

Introdución á certificación Global Communication in English (GCE) de Trinity College London

 A certificación Global Communication in English (GCE) de Trinity College London avalía a capacidade do alumnado para entender, interpretar e usar o inglés de xeito efectivo en situacións comunicativas do mundo real. A especificación oficial das certificacións GCE publicada por Trinity College London, que define o marco regulador das certificacións, pódese atopar nesta páxina.

Obxectivo da certificación GCE

A certificación Global Communication in English de Trinity permite avaliar individualmente a evolución da aprendizaxe e os logros conseguidos polo alumnado. Esta certificación incentiva o gusto por usar o inglés e proporciona ao alumnado unha sensación de éxito ao ofrecerlle unha proba tanxible do que conseguiu.

A quen vai dirixida a certificación GCE?

Quen aspira a conseguir o GCE é un/a alumno/a que está a aprender inglés como lingua estranxeira e que desenvolveu as súas competencias comunicativas grazas aos cursos de Kids&Us. 

Só poderá acceder ao GCE o alumnado de Kids&Us matriculado ao curso correspondente durante o ano académico en vigor (véxase a seguinte táboa). 

 

Certificación MCER Curso Kids&Us Franxa de idade habitual
GCE-A1 A1 Ben&Brenda 8–10
GCE-A2 A2 Animal Planet 2 10–12
GCE-B1 B1 Fairy Tales 2 12–14
GCE-B2 B2 Mysteries 2 14–16
GCE-C1 C1 The Future 2 16–18
GCE-C2 C2 Subscription 2 17+

O noso compromiso

 Esta alianza con Trinity College London demostra a robustez e a calidade do método Kids&Us. Por primeira vez, o noso alumnado pode obter un recoñecemento oficial grazas á aprendizaxe que ocorre na aula seguindo o método Kids&Us, sen necesidade de preparar un exame adicional.