.png?width=842&height=340&name=MASTER_LOGO%20K_US_%20(4).png)










Mousy é un ratiño tenro e simpático que acompañará aos vosos fillos e fillas ao longo do curso. Con el, descubrirán o inglés xogando, cantando e escoitando historias breves.



Unha colección de catro libros estimulantes que invitan á participación dos máis pequeniños con contidos, actividades e obxectivos lingüísticos asociados á súa etapa vital.
Unha experiencia que da aos bebés a oportunidade de escoitar e “falar” no novo idioma, pero tamén de vivir e sentir en inglés.










Ademais do material físico, teredes á vosa disposición a aplicación móbil My Locker (descarga o manual de uso), onde atoparedes o contido seguinte:



Esta aplicación é a principal canle de comunicación entre o centro e as familias. Poderedes consultar rapidamente toda a información académica dos vosos fillos e fillas: informes, titorías e reunións.

A partir do seguimento individualizado dos vosos fillos e fillas na clase, recibiredes informes sobre a evolución da súa aprendizaxe periodicamente.

Neste apartado, as familias atoparán varios libros dixitais interactivos protagonizados polos personaxes do curso.