<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
Mysteries 1_1440x1500

Mysteries: empeza a aventura Teens

 

Iniciamos a etapa Teens con Mysteries, onde os vosos fillos e fillas ampliarán as súas capacidades comunicativas.

Benvidos a Mysteries 1

 

A aventura de aprender inglés en Animal Planet empeza na clase e sigue, compleméntase e retroalimenta fóra dela no mundo dixital de My Way. Os pilares do método Kids&Us cunha capa extra de tecnoloxía, e un traballo enfocado en fusionar a contorna física coa dixital para ofrecer o mellor dos dous mundos. Esta é a nosa esencia evolucionada: Upgrading the Essence.

Materiais do curso

 

Os contidos dos cursos de Mysteries desenvólvense a partir de novelas de policías protagonizadas por adolescentes nas que hai un misterio que resolver. Desta maneira, buscamos estimular ao alumnado para manter o suspense ata o final, animándoo a seguir lendo.

SB_Mysteries 1

Student Book

O libro do curso consta de dúas historias onde Spike, o protagonista de Mysteries 1, é un detective afeccionado que será o guía perfecto para resolver misterios e situacións curiosas.
TT Homed In

T&T zONe

Unha plataforma de contidos que conectan cos traballos realizados na clase; con audios e actividades para reforzar a comprensión oral, o uso de expresións idiomáticas e estruturas gramaticais.

O noso compromiso

Tutoria

Titorías

 

Poñemos á vosa disposición titorías para poder falar co profesorado do curso de forma personalizada.

informes

Informes

 

A partir do seguimento individualizado do voso fillo ou filla na clase, recibiredes informes periódicos sobre a evolución da súa aprendizaxe.

Mochila_Transparente

My Kids

 

A aplicación My Kids é a canle principal de comunicación entre o centro e as familias. Podedes consultar información académica, informes, titorías ou reunións.