<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
banner_Sam

Sam: unha aventura chea de descubrimentos e rutinas

Dámosvos a benvida a Sam, o curso de inglés de Kids&Us para nenos e nenas de 3 anos. Nesta etapa, acompañamos ao alumnado no seu día a día mentres aprende inglés e axudámoslle a gañar autonomía, seguridade e confianza a través de experiencias que conectan coa súa realidade. 
imagen02_Sam

Como é a renovada experiencia de aprendizaxe en Sam? 

En Kids&Us, sempre estamos innovando para ofrecer ao noso alumnado a mellor experiencia de aprendizaxe posible: única, de máxima calidade e adaptada a cada etapa.  

Para conseguilo, combinamos o mellor da contorna presencial co mellor que ofrecen as tecnoloxías máis avanzadas; é dicir, mantemos os piares do método de sempre cunha capa extra de tecnoloxía. 

Esta é a nosa esencia evolucionada: Upgrading the Essence. 

Que aprenderá o alumnado de Sam?

A aprendizaxe baséase na inmersión lingüística, o xogo e en actividades deseñadas para conectar co día a día do alumnado. 

A través de situacións cotiáns como vestirse, lavar as mans ou xogar, o alumnado familiarízase co inglés de forma natural: 

  • Descubre novas estruturas e sons en inglés.  

  • Desenvolve hábitos que favorecen a súa autonomía.    

  • Aprende mentres xoga, repite e interactúa co resto do grupo. 

imagen01_Sam

Que material terá o alumnado en Sam?

O material do curso de Sam está deseñado para espertar a curiosidade dos nenos e nenas, e axudar ás familias a acompañar a aprendizaxe na casa de forma sinxela e natural. 

Student Book

O alumnado terá catro libros (un por historia) para manter o contacto co inglés que traballa na clase tamén en casa dun modo ameno e divertido. 

  • Historias que se traballan na clase e continúan en casa 

  • Xogos, adhesivos e actividades pensadas para a súa idade 

  • Actividades sinxelas e intuitivas, con ou sen Talking Pen

Booklet e Routine Booklet

O alumnado contará con material deseñado para acompañar ás familias mentres os nenos e nenas desenvolven bos hábitos ou fan actividades cotiás. 

  • Booklet: o alumnado deberá levalo cada día a clase para que o profesorado poida facer o seguiminto da rutina de escoita do audio, algo que o motiva a escoitala tódolos días. 

  • Routine Booklet: o alumnado deixará este material en casa e axudaralle a integrar os hábitos e as rutinas cotiás en inglés na casa.

Kan-do

Este peluche será un aliado para que o alumnado consolide os seus hábitos e acompañaráo mentres fai as rutinas de casa. 

  • Reforza a autonomía e os bos hábitos dos máis pequenos. 

  • Conecta a aprendizaxe do inglés coa contorna familiar.

Workbook

O alumnado utilizará este caderno na clase para practicar as estruturas de cada historia en distintas actividades.  

  • Reforza de forma visual o contido do curso.  

  • Facilita a interacción na aula. 

My Way

O alumnado disporá desta aplicación, deseñada coidadosamente para complementar o material físico do noso método e ofrecer unha experiencia de aprendizaxe global, que inclúe: 

  • Os audios do curso, unha rutina imprescindible no método Kids&Us 

  • Material complementario para traballar os bos hábitos e a colaboración en tarefas cotiás coa axuda de Kan-do 

  • Contido adicional: xogos, cancións e vídeos 

Talking Pen (complementario)

Ademais, podedes aumentar o tempo de exposición ao inglés dos vosos fillos e fillas con este lapis dixital. Grazas a el, o noso alumnado aprenderá a pronunciar o inglés dunha maneira divertida e amena na casa. 

  • Reproduce textos en audio para axudar ao alumnado a mellorar a súa pronunciación. 

  • Fai que os personaxes cobren vida.  

  • É fácil de usar: só hai que colocalo sobre os puntos de son dos libros de Kids&Us.

O noso compromiso 

Compartir convosco o progreso na aprendizaxe dos vosos fillos e fillas.   

Informes

A partir do seguimento personalizado dos vosos fillos e fillas na clase, recibiredes informes de forma periódica sobre a evolución da súa aprendizaxe. 

Tutorías

As familias poderedes solicitar titorías para falar co profesorado de forma máis personalizada; e o centro tamén poderá convocalas se quixera comentar algún tema convosco. 

My Kids

Esta aplicación é al canle principal de comunicación entre o centro e vós. Nela, podedes consultar información académica e informes, ademais de solicitar titorías e reuniónes.