<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
The subscriptions 1_1440x1500

Subscription: a última etapa de Kids&Us

 

Preparados para un alto dominio lingüístico do inglés durante toda a vida.

Benvidos a Subscription 1

 No curso de Subscription 1, a nosa aspiración é comunicarnos, oralmente e por escrito, cun inglés impecable en practicamente calquera situación que se presente no ámbito persoal, profesional ou educativo. Cos nosos propios materiais, tratamos temas como os estilos de vida, o mundo ou o entretemento.

Life Skills

Nesta última etapa en Kids&Us, traballamos e potenciamos unha serie de habilidades fundamentais para afrontar a vida con éxito: creatividade​, comunicación​, pensamento crítico​, colaboración​, aprender a aprender​, aprendizaxe socioemocional​ e pensamento visible.

Materiais do curso

Nos contidos dos cursos de Subscription, introducimos o nivel C2 con contidos e temas de interese que conectan co día a día dos alumnos e alumnas; e preparámolos para o futuro académico e profesional.

SB_Subscription 1

Student Book

PROject Yourself! Reading, speaking, listening and writing: traballamos estas catro competencias a partir de oito eixos temáticos, como as redes sociais, o deporte ou o medio ambiente, entre outros.
TT Homed In

T&T zONe

Unha plataforma de contidos que conectan cos traballos realizados na clase; con audios e actividades para reforzar a comprensión oral, o uso de expresións idiomáticas e estruturas gramaticais.
Dossier_Proficiency 2

Dosier de preparación Proficiency

No caso de que os alumnos ou alumnas desexen prepararse para a proba do Proficiency (C2), contamos tamén cun caderno de exercicios que sigue a mesma estrutura que o exame.

O noso compromiso

Tutoria

Titorías

 

Poñemos á vosa disposición titorías para poder falar co profesorado do curso de forma personalizada.

informes

Informes

 

A partir do seguimento individualizado do voso fillo ou filla na clase, recibiredes informes periódicos sobre a evolución da súa aprendizaxe.

Mochila_Transparente

My Kids

 

A aplicación My Kids é a canle principal de comunicación entre o centro e as familias. Podedes consultar información académica, informes, titorías ou reunións.