<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
LANDING cool off 2025_1200x1500_2

"Gran organización, planificación e equipo. Foi a primeira experiencia para o meu fillo. Alégrame tanto que a puidese vivir ... Parabéns polo esforzo e ganas que depositastes nesta gran aventura." Esther, nai de Leo.

PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_GAL3
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_GAL2
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_GAL
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_GAL4
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_GAL3
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_GAL2
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_GAL
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_GAL4

O equipo de Cool Off

O equipo de monitores e a dirección de Cool Off está formado por xente nova e dinámica, e cunha clara vocación pola docencia.

Os monitores

Os monitores de Cool Off son persoas implicadas no proxecto, que gozan transmitindo aos participantes a súa ilusión por xogar e aprender. Con experiencia previa no mundo do ocio e con formación específica para Cool Off, fan realidade o noso desexo de que os nenos e nenas vivan unha experiencia única e inesquecible nos nosos campamentos.

A dirección

O equipo de dirección de Cool Off está formado por persoas cunha ampla experiencia no método Kids&Us, con formación no mundo do ocio e que se entregan ao proxecto apaixonadamente. A dirección dos campamentos responsabilízase da seguridade dos nenos e nenas; e asegura a boa organización do día a día e a correcta realización das actividades creadas especificamente para cada edición de Cool Off.

Os organizadores

Por último, presentamos a Frankie e Vanessa, as caras da organización de Cool Off. Ano tras ano, encárganse de dar forma ao proxecto: desde a creación de actividades e a busca de excursións e talleres ata a xestión personalizada das inscricións.

Localización e quendas

El Molí (Barcelona)

1a quenda: do 22 ao 28 de xuño

2a quenda: do 29 de xuño ao 5 de xullo

3a quenda: do 6 ao 12 de xullo

4ªquenda: do 13 ao 19 de xullo

5ª quenda: do 20 ao 26 de xullo

Máis información

Naturávila (Ávila)

1ª quenda: do 22 ao 28 de xuño

2ª quenda: do 29 de xuño ao 5 de xullo

3ª quenda: do 6 ao 12 de xullo

4ª quenda: do 13 ao 19 de xullo

5ª quenda: do 20 ao 26 de xullo

Máis información

Irrisarri (Navarra)

1a quenda: del 29 de xuño ao 5 de xullo

2ª quenda: do 6 ao 12 de xullo

 

 

 

Máis información

“Situada en Sant Pere de Torelló (Barcelona), atópase unha contorna rural, rodeada de bosques, aciñeiras e vexetación de ribeira.”

El Molí de la Riera

“Situada a menos dunha hora de Madrid, cerca das piscinas naturais máis bonitas do centro do país, dispón dunhas instalacións modernas totalmente integradas dentro do espazo natural que as rodea.”

Naturávila

“Entre San Sebastián e Pamplona encontramos un pequeno pobo cheo de historia, desde templarios ata bruxas. Nas aforas, un antigo palacio reformado como parque de aventuras e albergue. As instalacións de IrriSarri Land contan con todo tipo de comodidades para levar a cabo actividades, e os seus redores ofrécennos unhas vistas espectaculares.”

Irrisarri Land

Contáctanos para máis información