<img height="1" width="1" style="display:none" src="https://www.facebook.com/tr?id=1790185717921572&amp;ev=PageView&amp;noscript=1">
LANDING cool off 2026_2
BANDERA CUADROS CHECKERED FLAG

"Gran organización, planificación e equipo. Foi a primeira experiencia para o meu fillo. Alégrame tanto que a puidese vivir ... Parabéns polo esforzo e ganas que depositastes nesta gran aventura." Esther, nai de Leo.

PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_EUS3
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px2
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px4
PICTOGRAMAS cool off 241x260_GAL3
PICTOGRAMAS cool off 241x260_GAL2
PICTOGRAMAS cool off 241x260_ES
PICTOGRAMAS COOL OFF 241x260px_GAL4
foto grupo mochilas
Benvidos a Cool Off!

Cool Off son os campamentos de verán de Kids&Us. Durante sete días e seis noites, nenos e nenas de 7 a 13 anos vivirán unha experiencia fantástica en inglés máis aló das aulas. Gozarán dunha semana de inmersión lingüística en medio da natureza na que non só aprenderán inglés, senón que tamén coñecerán culturas do mundo, medrarán como persoas e farán novas amizades.

_MG_5149
O noso método

Durante os sete días e seis noites que duran os campamentos, o inglés é a lingua vehicular para comunicarse con todos os membros do equipo. Seguindo o método Kids&Us, animamos aos nenos e nenas a aprender estruturas que os axudan a comunicarse en inglés comodamente no seu día a día; tamén traballamos gramática e vocabulario adaptados ao seu nivel nas nosas Travel Guides, uns cadernos exclusivos de Cool Off.

LANDING cool off 2026_3
Temática e actividades

Benvidos e benvidas á Ruta 66! Este verán, en Cool Off, “viaxaremos” coa nosa caravana a través da icónica estrada que atravesa os Estados Unidos e descubriremos os segredos dunha das rutas máis famosas do mundo.

Desde primeira hora da mañá ata que nos vaiamos a durmir, faremos todo tipo de actividades, desde xogos e deportes ata excursións. Ademais, cada día mergullarémonos, sexa na piscina ou con xogos de auga!

Queredes saber como é un día de Cool Off?   Facede clic aquí!

Image-3
O equipo de Cool Off

O equipo de monitores e a dirección de Cool Off está formado por xente nova e dinámica, e cunha clara vocación pola docencia.

 

Os monitores

Os monitores de Cool Off son persoas implicadas no proxecto, que gozan transmitindo aos participantes a súa ilusión por xogar e aprender. Con experiencia previa no mundo do ocio e con formación específica para Cool Off.

 

A dirección

En Cool Off, coidamos cada detalle para que a experiencia sexa única. O equipo de dirección, que ten unha ampla traxectoria en Kids&Us, encárgase de que a metodoloxía, as actividades e a seguridade se integren no día a día á perfección para que os nenos e nenas practiquen inglés de maneira natural e divertida.

Localización e quendas

QUENDAS Molí de la Riera (Barcelona) Naturávila (Ávila) Irrisarri Land (Navarra)
Do 21 ao 27 de xuño
Dispoñible
Do 28 de xuño ao 4 de xullo
Dispoñible
Dispoñible
Dispoñible
Do 5 ao 11 de xullo
Dispoñible
Dispoñible
Dispoñible
Do 12 ao 18 de xullo
Dispoñible
Dispoñible
Do 19 ao 25 de xullo
Dispoñible
Dispoñible
Do 26 de xullo ao 1 de agosto
Dispoñible

Molí de la Riera (Barcelona)

Do 28 de xuño ao 4 de xullo Dispoñible
Do 5 ao 11 de xullo Dispoñible
Do 12 ao 18 de xullo Dispoñible
Do 19 ao 25 de xullo Dispoñible
Do 26 de xullo ao 1 de agosto Dispoñible

Naturávila (Ávila)

Do 21 ao 27 de xuño Dispoñible
Do 28 de xuño ao 4 de xullo Dispoñible
Do 5 ao 11 de xullo Dispoñible
Do 12 ao 18 de xullo Dispoñible
Do 19 ao 25 de xullo Dispoñible

Irrisarri Land (Navarra)

Do 28 de xuño ao 4 de xullo Dispoñible
Do 5 ao 11 de xullo Dispoñible

“Situada en Sant Pere de Torelló (Barcelona), atópase unha contorna rural, rodeada de bosques, aciñeiras e vexetación de ribeira.”

El Molí de la Riera

“Situada a menos dunha hora de Madrid, cerca das piscinas naturais máis bonitas do centro do país, dispón dunhas instalacións modernas totalmente integradas dentro do espazo natural que as rodea.”

Naturávila

“Entre San Sebastián e Pamplona encontramos un pequeno pobo cheo de historia, desde templarios ata bruxas. Nas aforas, un antigo palacio reformado como parque de aventuras e albergue. As instalacións de IrriSarri Land contan con todo tipo de comodidades para levar a cabo actividades, e os seus redores ofrécennos unhas vistas espectaculares.”

Irrisarri Land

Contáctanos para máis información